Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado durante a inauguración do festival Viñetas desde o Atlántico do ano 2017 (2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1958 (66 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Ilustración |
Ocupación | artista de banda deseñada, realizador, ilustrador, escritor |
Pseudónimo literario | Miguel Ángel Prado Miguel Anxo Prado |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Sitio web | www |
Miguelanxo Prado Plana, nado na Coruña o 16 de xullo de 1958, é un autor de banda deseñada galego. As súas obras van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De novo formou parte do Colectivo Xofre. Autor con gran proxección internacional,[1] os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas.[2] Outra faceta importante é a de ilustrador. Algúns dos seus traballos son os de La ley del amor (1995) de Laura Esquivel e para libros infantís e xuvenís, como Cando o mar foi polo río, de Manuel María; O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz; ou Bala perdida de Manuel Rivas. As súas historias adoitan ser emotivas e dotadas dunha forte sensibilidade galega.[3]
Ademais da súa actividade artística, Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador. É o director, desde a súa creación en 1998, do salón Viñetas desde o Atlántico, que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.[4]
Estilo
[editar | editar a fonte]Jesús Cuadrado, pola súa banda, destacou o seu "catálogo tipolóxico"[5] e situouno, xunto a Antoni Garcés, entre
os francotiradores que en todo grupo desorganizado conviven en harmonía: ambos teñen nos seus estilos esa dobre continuidade da defensa da estética da exteriorización da posta en escena, e a aventura como leit motiv na guionización.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]A súa obra abrangue dende bandas deseñadas completas ata ilustracións de revistas ou filmes de animación.
Banda deseñada
[editar | editar a fonte]- Os compañeiros (A orde da pedra), con guión de Tino Fernández Maceiras (1980-1981): Editado como faldrón na páxina de "Cartas ó Director" de La Voz de Galicia. As tiras reeditáronse conxuntamente en 2008 por El Patito Editorial.[7][8][9]
- Fragmentos da enciclopedia délfica (1982-1983): Editado inicialmente por entregas por Toutain Editor na súa revista de BD de Ciencia ficción 1984, posteriormente reeditado de forma conxunta por Norma Editorial en 1996.[10]
- Stratos (1984-1985): Editado por entregas na revista Zona84 de Toutain Editor. Con prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín.[11] Foi editado posteriormente nun único volume por Norma Editorial.[12]
- Crónicas Incongruentes: Historias publicadas entre 1985 e 1986 na revista Comix + Ilustración de Toutain Editor. Posteriormente serían publicadas nun único volume por Norma Editorial.[13][14]
- Tanxencias (1987-1996)
- Quotidianía delirante: historias publicadas orixinalmente na revista El Jueves en 1988, 1990 e 1996. As historias foron publicándose xuntas en varios volumes en diferentes anos ata que en 2003 foron todas publicadas nun único volume por Norma Editorial co título Quotidanía derilante integral.[15]
- Manuel Montano. El manantial de la noche (1ª edición en 1988): Guión de Fernando Luna. Trala súa publicación seriada na revista Cairo, Norma Editorial publicou en 1989 o álbum Manuel Montano. El manantial de la noche como número 17 da súa colección Los Álbumes del Cairo (variaron título e portada). Foi reeditado numerosas veces, tanto en castelán coma noutras linguas.[16][17][18]
- Páxinas Crepusculares (historias inducidas) (1993): Recompilación de historias curtas de diferente orixe.
- Trazo de xiz (1993). (ISBN 84-7904-199-4). Publicado por Norma Editorial.
- Unha carta encontrada en Lisboa (1995): Tamén coñecido como Carta de Lisboa, con textos de Eric Sarner.
- Pedro e o lobo (1997): (ISBN 84-7904-489-6). Publicado por Norma Editorial.
- Fantasmagorie (2000): Francés (ISBN 978-2-908551-24-2) Publicado por Mosquito.
- Nostalxias de Belo Horizonte (Cando fun outro) (2003): Publicado por Norma Editorial.
- The Sandman, Noites eternas (2004): (ISBN 84-8431-912-1). Colaboración con guión de Neil Gaiman. Publicado por Norma Editorial.
- A Mansión dos Pampín (2005): (ISBN 84-96415-87-2). Publicado por Norma Editorial.
- Ardalén (2012) (ISBN 978-84-939434-5-5). Publicado por El Patito Editorial[19]
- Mar Interior (2014): (ISBN 978-84-942206-6-1) Publicado por El Patito Editorial.
- Papeles dispersos II (2015): Castelán (ISBN 978-84-679-1940-0) (Norma Editorial)[20]
- Presas Fáciles (2016): (ISBN 978-84-945512-0-8) Publicado por El Patito Editorial.
- O pacto do letargo (2020): (ISBN 978-84-122411-0-5) Publicado por Retranca Editora[21]
Ademais, realizou colaboracións de maior ou menor importancia, como a historia curta para o álbum de BD que conmemora os douscentos anos da revolución francesa, ou as súas colaboracións coa desaparecida revista infantil-xuvenil de BD galega Golfiño.
Cine e animación
[editar | editar a fonte]Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do elenco da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do Camiño.
Tamén traballou na serie de animación Men In Black, baseada no filme do mesmo nome protagonizado por Will Smith. Foi producida por Steven Spielberg a través de Dreamworks.
En xaneiro de 2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas De profundis, unha longametraxe sen diálogos dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García. Foi proposta para os premios Goya como mellor longametraxe de animación de 2006. Este traballo experimental foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Premio Diario de Avisos á mellor obra gráfica (Sta. Cruz de Tenerife en 1984).
- Premio Semana de la Historieta de Madrid ao mellor libro do ano en 1986.
- Premio Génie da Convention de Paris en 1988.
- Premio Salão Internacional da BD do Porto, 1988.
- Premio ao mellor libro do ano Charleroi en 1988.
- Premio Buenaventura, Treviso Comics, Treviso en 1989.
- Premio do Saló Internacional del Còmic de Barcelona á mellor obra de 1988 en 1989.
- Premio Simão, no Porto en 1989.
- Premio ao mellor autor no Salón Internacional de Grenoble en 1990.
- Premio Grand Prix des Alpages no Salón Internacional de Sierre en 1990.
- Premio Philip Morris no Salón Internacional do Libro de Xenebra en 1990.
- Premio Max und Moritz do Salón Internacional de BD (Alemaña, 1990).
- Premio l'Alph’Art ao mellor libro estranxeiro Salón Internacional de Angouleme en 1991.
- Premio Asociación Nacional de Ilustradores (Madrid, 1992).
- Premio ao mellor autor estranxeiro no Salón de BD de Chile en 1992.
- Premio da Crítica (Artes), Fundación da Crítica Galega (Vigo, 1993).
- Premio ao mellor libro do ano no Salón da BD (Francia, 1993).
- Premio da Asociación de Libreiros Especializados de Francia ao mellor libro do ano en 1993.
- Premio Diario de Avisos á mellor obra gráfica (Sta Cruz de Tenerife en 1993).
- Premio Diario de Avisos ao mellor guión (Sta Cruz de Tenerife, 1993).
- Premio Ourense de BD por toda a súa traxectoria en 1993.
- Premio l'Alph-art ao mellor álbum estranxeiro no Festival de Banda Deseñada de Angoulême, por Trazo de Xiz en 1994.
- Premio do Saló Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra de 1993 en 1994.
- Premio Especial do Xurado do Festival Internacional de Sierre en 1994.
- Premio ao mellor guión no Festival de Coxyde en 1994.
- Premio de Honra da Câmara Municipal de Amadora no Festival de Amadora en 1994.
- Premio da crítica ao mellor guión (Austria, 1994).
- Premio da crítica ao mellor libro do ano (Austria, 1994).
- Premio Fernández Latorre (A Coruña, 1996).
- Premio de Honra ao mellor libro estranxeiro do Festival de Amadora.
- Premio BD Boum (XVIII edición, Blois, Francia, 2001).
- Premio ao mellor autor completo do Salón do Cómic de Granada en 2002.
- Premio Eisner á mellor antoloxía en 2004.
- Grande premio do Saló del Comic de Barcelona en 2007.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador de 2012.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de Banda Deseñada do 2012, por Ardalén.
- Premio Nacional del Cómic 2013, por Papeles dispersos II.[20]
- Prémios Bandas Desenhadas 2020 en Portugal: Melhor Publicação Estrangeira O Pacto da Letargia, o primeiro volume da Trilogia do Tríscelo, editada pola Ala dos Livros.[22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miguelanxo Prado consigue con 'Ardalén' el premio a la mejor obra de autor español en el Salón Internacional del Cómic, Teinteresa.es, 13 de abril de 2013 (en castelán).
- ↑ El gallego Miguelanxo Prado publicará su último cómic, 'Ardalén', en nueve idiomas, Faro de Vigo, 19 de xaneiro de 2013 (en castelán).
- ↑ Ficha Arquivado 04 de agosto de 2020 en Wayback Machine., Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia.
- ↑ Redacción. Babelia (7 de agosto de 2019). "Miguelanxo Prado: “El cómic se ha hecho mayor”". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022.
- ↑ Cuadrado, Jesús en "Década tras década, hasta el desplome final", presentación no catálogo Certamen de Cómic Injuve de 1998, Madrid, 10/1998.
- ↑ Cuadrado, Jesús en Traficantes de viñetas, prólogo á monografía-catálogo Una historieta democrática, Dirección General de Bellas Artes y Archivos (Ministerio de Cultura), Madrid, 04/1991.
- ↑ Os Compañeiros. A Orde da Pedra Arquivado 31 de xullo de 2020 en Wayback Machine., Miguelanxo Prado con guión de Tino Fernández Maceiras, 2008, El Patito Editorial
- ↑ Os Compañeiros da Orde da Pedra na páxina web de Miguelanxo Prado
- ↑ Ficha da obra na web CulturaGalega.gal
- ↑ Fragmentos da enciclopedia délfica na web oficial de Miguelanxo Prado
- ↑ Stratos na web oficial de Miguelanxo Prado
- ↑ "Ficha do libro". normaeditorial.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022.
- ↑ Ficha de Miguelanxo Prado Arquivado 09 de setembro de 2017 en Wayback Machine. na web Guía del Comic.es
- ↑ Crónicas Incongruentes na web oficial de Miguelanxo Prado
- ↑ Quotidianía delirante na web oficial de Miguelanxo Prado
- ↑ Manuel Montano. O Manantial da Noite na web oficial de Miguelanxo Prado
- ↑ MANUEL MONTANO, EL MANANTIAL DE LA NOCHE 1ª EDICION 1989 (FERNANDO LUNA - MIQUELANXO PRADO)
- ↑ MANUEL MONTANO. EL MANANTIAL DE LA NOCHE na web de Norma Editorial
- ↑ Ficha do libro en todostuslibros.com
- ↑ 20,0 20,1 "Ficha do libro". normaeditorial.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022.
- ↑ Ficha do libro
- ↑ Ramos, Rodrigo. "Prémios Bandas Desenhadas 2020". Bandas Desenhadas (en portugués). Consultado o 2021-03-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguelanxo Prado |